A maioría dos órganos das Nacións Unidas que se dedican a loitar contra a fame estableceron importantes programas sociais para promover a seguridade alimentaria dos sectores máis pobres da poboación, particularmente nas zonas rurais. Así, a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), o Programa Mundial de Alimentos (PMA) e o Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola (FIDA) traballan para aliviar a pobreza e a fame no mundo.
Ademais, moitas organizacións das Nacións Unidas traballan dende as súas perspectivas no logro do primeiro Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio: "Erradicar a pobreza extrema e a fame".
Enlace:
